Simposio

Estudos Literarios e Campo Cultural Galego

programa inscrición

Nota de prensa

Os días 2 e 3 de setembro de 2015 Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela, Praza de Mazarelos

Circulares: Primeira circular

Segunda circular, do 23 de abril de 2015

Boletín de inscrición

Declaración de orixinalidade

Ponentes convidados: Itamar Even-Zohar, Universidade de Tel Aviv: “¿El fin de la literatura? ”

Contacto:simposio.campo.cultural2015@gmail.com

Ampliación do prazo de envío de propostas Logo das solicitudes recibidas no sentido de ampliar o período para o envío de propostas, a Comisión organizadora decidiu establecer un novo prazo con límite no día 30 de maio. Os investigadores e as investigadoras poden enviar propostas de comunicacións vinculadas ás seguintes liñas:

  1. Diglosia e texto 30 anos despois
  2. A reconceptualización do campo / sistema literario nas literaturas periféricas
  3. Nación (e ficción) e ideoloxía
  4. Lecturas da identidade e da alteridade
  5. Relacións interliterarias, tradución e espazo cultural transnacional
  6. Autonomía do campo e autonomía dos axentes: o caso galego 1950-2015
  7. Cara a unha historia do campo literario e dos campos culturais galegos
  8. Estudos literarios, estudos na cultura e Ciencias sociais
  9. Referentes teóricos e diálogos heurístico-metodolóxicos abertos na investigación de Antón Figueroa

O Simposio Estudos literarios e campo cultural galego configúrase como un foro académico de encontro e debate arredor dos estudos literarios galegos desde o pensamento de Antón Figueroa. Celebrarase na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela os días 2 e 3 de setembro de 2015. Información actualizada en seleccgal.wordpress.com.

Admisión de comunicacións O Simposio contempla un proceso de avaliación dupla por pares anónimos previo á aceptación do traballo remitido. Un texto completo ou suficientemente avanzado das propostas, redixidas en galego (en calquera das súas normas), portugués, francés, inglés, español ou catalán, dun máximo de 5.000 palabras, deberá ser remitido ao enderezo simposio.campo.cultural2015@gmail.com con data límite de 30 de maio.

Con data límite de 15 de xuño a Comisión organizadora do Simposio comunicará a aceptación, a non aceptación ou as suxestións de modificación do traballo. Unha vez recibida a aceptación da comunicación, a persoa participante deberá pagar a inscrición segundo as cuotas, os prazos e o procedemento establecidos no apartado correspondente desta circular. Os traballos seleccionados publicaranse nun volume colectivo. Os textos definitivos deberán remitirse logo da celebración do Simposio no prazo e segundo as normas de edición que se colocarán en seleccgal.wordpress.com.

Inscricións Unha vez recibida a aceptación do traballo proposto, a declaración de orixinalidade (anexo I), a ficha de inscrición (anexo II), xunto co xustificante bancario de pagamento da inscrición serán remitidas ao enderezo simposio.campo.cultural2015@gmail.com con data límite de 30 de xuño. As persoas que queiran asistir ao Simposio e recibir a certificación de asistencia deberán remitir un correo electrónico cos seus datos (nome completo e documento de identidade) e copia do xustificante bancario do pagamento da cuota a simposio.campo.cultural2015@gmail.com. A inscrición para asistentes sen comunicación permanecerá aberta até o día 2 de setembro ás 9 horas e, excepcionalmente, poderá facerse presencialmente antes da abertura do Simposio. As cuotas de inscrición serán de 50 € para asistentes con comunicación e de 25 € para asistentes sen comunicación. As persoas que acreditaren documentalmente a condición de estudantes ou desempregadas terán un 50% de desconto neste importe. A acreditación da condición de estudante farase coa achega de copia do resgardo da matrícula do curso 2014-15, a de persoa desempregada coa copia do rexistro como demandante de emprego no INEM. Todos os pagamentos realizaranse a través de transferencia bancaria á conta: Banco: BSCH-Banco Santander Code SWIFT: BSCHESMMXXX N° de conta (IBAN):  ES 40 0049-2584-90-2214002210 Concepto: Simposio Estudos literarios e campo cultural galego (Nº de rexistro 2015-RC009-1)

Comisión científica Alejandro Alonso Nogueira (Brooklyn College, CUNY), Arturo Casas (Universidade de Santiago de Compostela), Elias Torres Feijó (Universidade de Santiago de Compostela)

Comisión organizadora Manuel Forcadela (Universidade de Vigo), Teresa López (Universidade da Coruña), Laurence Malingret (Universidade de Santiago de Compostela)

Ponencia por convite Itamar Even-Zohar (Tel-Aviv University)

Deixar un comentario